We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Lembrar​á​s este cuarto?

by Bangor

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Eu nunca 02:46
Eu nunca fixen dano Eu nunca fixen dano a ninguén Nunca abrín unha carta Sen que me deran permiso Nunca escapei dun bico Nunca me arrepentín Aquí mentimos todos Todos seremos descubertos
2.
A eterna discusión entre o humanismo e a guerra ao capital O vaso caeu ao chan Era tan suave, ela non quixo usar A dialéctica No escaparate Ósos de froita Deixáranos alí Para que florecesen Pero dime unha cousa Que faremos mañá ao espertar? Cando acordemos xunto á raíz do verbo florecer? No escaparate Ósos de froita Deixáronos alí Para que florecesen
3.
Estaba a tentacion de se render A guerra quente, a présa Aínda non amencera Na paisaxe Pretextos para entrar en calor, para seguir Podemos ler o labios Abonda con falar en voz moi baixa Sen articulacións, como se un de nós Estivese suspendido no aire Sen fío algún E o outro estivese na auga E con todo Que o son chegase enteiro á superficie Tódolos sons Ningunha letra
4.
Apelido 03:44
El aínda non nacera E ela comezaba a debuxar as letras Lembra a fin dunha data Os números pintados cun lapis no caderno Outono sempre foi a súa estación A caída das cousas Que procuran o sentido do seu nome Non asinan as cartas E non usan apelido
5.
Os pinos 02:43
Isto non é un himno Non se alegra ninguén O pino non ten follas Quen sentaría embaixo Para esquecer o sol? As agullas son vellas Perforan as palabras Quen as quere arrincar? Quen as quere arrincar? Na copa están caladas Cortiza abaixo soñan Rentes da terra falan Falan da memoria Isto non é un himno Non se alegra ninguén
6.
A xustiza 03:18
Dicimos da xustiza que é cega Igual que o amor Preparamos o berro Incendiamos as tempas Baleiramos os ollos Ardemos dentro dun mar de ouro
7.
Así o farei 02:54
Atei o manuscrito Afogaban as palabras Dixo “desatamé” Queres que te aloumiñe? Cóidame, non me cubras Cóidame Cóidame, non me cubras Cóidame Así o farei Cóidame, non me cubras Cóidame Cóidame, non me cubras Cóidame Así o farei
8.
O código 03:32
Cando vaias entrar Despois do último número Que sentido terá Coñecer a clave? O que queres saber Está no cuarto escuro Pero non queda luz Para que poidas ver Ese era o meu segredo Ti sempre estiveches cego Esa era a túa vantaxe Eu sempre estaba a observarte O que queres saber Está no cuarto escuro Pero non queda luz Para que poidas ver Ti e mais eu Somos o código Non temos chave
9.
Anónimo 01:09
O home que ha de ser meu Ten que ter a man lixeira Ten que coller a rosiña Sen abalar a roseira O home que ha der ser meu O home que ha de ser meu
10.
Dentro 02:55
Dentro es moi diferente Moito máis silenciosa Non tes por que ser tan cruel Diferente de que? Estar aquí como é? É un cumprimento, ou unha esaxeracion? As palabras son o teu escudo Non te tapan Es tan doce

about

Digamos que Lembrarás este cuarto? é un disco contra a aceleración. Conta as verdades pegado á orella e interrompe a circulación da mercadoría das emocións: o trenzado acústico co que David Miranda encarna os poemas de María do Cebreiro remite a Bryter Lyter e aos Go-Betweens e, así, con eses vimbios, opónse á velocidade como método vital e ao espectáculo como estrutura dos sentimentos. Son tamén os dez mil murmurios que ouvía Dylan en 1963 e para os que segue sen haber quen escoite. E con todo é preciso que volver repetir as cousas: “Isto non é un himno / non alegra a ninguén”.
No tempo do saqueo, todo serve á hora de escapar. Tamén a produción de silencios e a necesidade de relatar un lugar fóra de calquera lugar. Segundo o profesor Eagleton, fugarse do ruído continuo é unha boa razón para se facer socialista. Lembrarás este cuarto? inscribe no aire das cousas esa posibilidade. E a de corromper o brado constante da histeria do capital. E a de pensar en tirar do freo de emerxencia. Gravado nun cuarto seguramente semellante ao cuarto en que Laetitia Sadier gravou Socialisme ou barbarie, estas dez miniaturas constitúen finalmente un refuxio onde se gorecer da segunda parte desa disxuntiva. Como aquel elepé que Pete Dello, sen que apenas ninguén se decatase, rexistrou en 1971 contra a clausura dos horizontes. Titulouno Into your ears.

Todo serve á hora de decidir fóra do

“Ouvín dez mil murmurios e ninguén escoitando”

(Texto de Daniel Salgado)


Bangor son

David Miranda: guitarra, voz

María do Cebreiro: voz

credits

released July 10, 2011

_________________________________________

Lembrarás este cuarto? foi gravado en decembro de 2008 nos Estudios Abrigueiro (Friol), con Jahel Piñeiro como técnico de son e Arturo Vaquero en labores de produción, que tamén colaborou incorporando baixo, percusións e sintetizadores.

A mestura e masterización final foi realizada por Paco Liaño nos Estudios Treboada (A Coruña), en setembro de 2010.

Letras baseadas en poemas dos libros Non queres que o poema te coñeza, Os hemisferios, Cuarto de outono e Non son de aquí, de María do Cebreiro. Adaptacións de David Miranda.

Deseño gráfico: Pablo Cayuela e Xosé Carlos Hidalgo

license

all rights reserved

tags

about

Bangor Bangor, UK

contact / help

Contact Bangor

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Bangor, you may also like: