Lembrarás este cuarto?

by Bangor

/
  • Streaming + Download



    O disco pódese descargar tamén de xeito gratuito en: http://aregueifanetlabel.blogspot.com/2011/07/bangor-lembraras-este-cuarto-2011.html
    El disco también se puede descargar de manera totalmente gratuita en http://aregueifanetlabel.blogspot.com/2011/07/bangor-lembraras-este-cuarto-2011.html

     

1.
02:46
2.
3.
4.
03:44
5.
02:43
6.
03:18
7.
02:54
8.
03:32
9.
01:09
10.
02:55

about

Digamos que Lembrarás este cuarto? é un disco contra a aceleración. Conta as verdades pegado á orella e interrompe a circulación da mercadoría das emocións: o trenzado acústico co que David Miranda encarna os poemas de María do Cebreiro remite a Bryter Lyter e aos Go-Betweens e, así, con eses vimbios, opónse á velocidade como método vital e ao espectáculo como estrutura dos sentimentos. Son tamén os dez mil murmurios que ouvía Dylan en 1963 e para os que segue sen haber quen escoite. E con todo é preciso que volver repetir as cousas: “Isto non é un himno / non alegra a ninguén”.
No tempo do saqueo, todo serve á hora de escapar. Tamén a produción de silencios e a necesidade de relatar un lugar fóra de calquera lugar. Segundo o profesor Eagleton, fugarse do ruído continuo é unha boa razón para se facer socialista. Lembrarás este cuarto? inscribe no aire das cousas esa posibilidade. E a de corromper o brado constante da histeria do capital. E a de pensar en tirar do freo de emerxencia. Gravado nun cuarto seguramente semellante ao cuarto en que Laetitia Sadier gravou Socialisme ou barbarie, estas dez miniaturas constitúen finalmente un refuxio onde se gorecer da segunda parte desa disxuntiva. Como aquel elepé que Pete Dello, sen que apenas ninguén se decatase, rexistrou en 1971 contra a clausura dos horizontes. Titulouno Into your ears.

Todo serve á hora de decidir fóra do

“Ouvín dez mil murmurios e ninguén escoitando”

(Texto de Daniel Salgado)


Bangor son

David Miranda: guitarra, voz

María do Cebreiro: voz

credits

released July 10, 2011

_________________________________________

Lembrarás este cuarto? foi gravado en decembro de 2008 nos Estudios Abrigueiro (Friol), con Jahel Piñeiro como técnico de son e Arturo Vaquero en labores de produción, que tamén colaborou incorporando baixo, percusións e sintetizadores.

A mestura e masterización final foi realizada por Paco Liaño nos Estudios Treboada (A Coruña), en setembro de 2010.

Letras baseadas en poemas dos libros Non queres que o poema te coñeza, Os hemisferios, Cuarto de outono e Non son de aquí, de María do Cebreiro. Adaptacións de David Miranda.

Deseño gráfico: Pablo Cayuela e Xosé Carlos Hidalgo


Contacto: bangor.musica@yahoo.com

Editado por A Regueifa Netlabel: aregueifanetlabel.blogspot.com

tags

license

all rights reserved

about

Bangor Bangor, UK

contact / help

Contact Bangor

Streaming and
Download help

Track Name: Eu nunca
Eu nunca fixen dano
Eu nunca fixen dano a ninguén

Nunca abrín unha carta
Sen que me deran permiso

Nunca escapei dun bico

Nunca me arrepentín

Aquí mentimos todos
Todos seremos descubertos
Track Name: A dialéctica
A eterna discusión
entre o humanismo
e a guerra ao capital

O vaso caeu ao chan
Era tan suave, ela non quixo usar
A dialéctica

No escaparate
Ósos de froita
Deixáranos alí
Para que florecesen

Pero dime unha cousa
Que faremos mañá ao espertar?
Cando acordemos
xunto á raíz do verbo
florecer?

No escaparate
Ósos de froita
Deixáronos alí
Para que florecesen
Track Name: Poema de inverno
Estaba a tentacion de se render
A guerra quente, a présa

Aínda non amencera
Na paisaxe
Pretextos para entrar en calor, para seguir

Podemos ler o labios
Abonda con falar en voz moi baixa
Sen articulacións, como se un de nós
Estivese suspendido no aire
Sen fío algún
E o outro
estivese na auga

E con todo
Que o son chegase enteiro
á superficie

Tódolos sons
Ningunha letra
Track Name: Apelido
El aínda non nacera
E ela comezaba a debuxar as letras

Lembra a fin dunha data
Os números pintados cun lapis no caderno

Outono sempre foi a súa estación
A caída das cousas
Que procuran o sentido do seu nome
Non asinan as cartas
E non usan apelido
Track Name: Os pinos
Isto non é un himno
Non se alegra ninguén

O pino non ten follas
Quen sentaría embaixo
Para esquecer o sol?

As agullas son vellas
Perforan as palabras

Quen as quere arrincar?
Quen as quere arrincar?

Na copa están caladas
Cortiza abaixo soñan

Rentes da terra falan
Falan da memoria

Isto non é un himno
Non se alegra ninguén
Track Name: A xustiza
Dicimos da xustiza que é cega
Igual que o amor

Preparamos o berro
Incendiamos as tempas

Baleiramos os ollos

Ardemos dentro dun mar de ouro
Track Name: Así o farei
Atei o manuscrito
Afogaban as palabras
Dixo “desatamé”
Queres que te aloumiñe?

Cóidame, non me cubras
Cóidame
Cóidame, non me cubras
Cóidame

Así o farei

Cóidame, non me cubras
Cóidame
Cóidame, non me cubras
Cóidame

Así o farei
Track Name: O código
Cando vaias entrar
Despois do último número
Que sentido terá
Coñecer a clave?

O que queres saber
Está no cuarto escuro
Pero non queda luz
Para que poidas ver

Ese era o meu segredo
Ti sempre estiveches cego

Esa era a túa vantaxe
Eu sempre estaba a observarte

O que queres saber
Está no cuarto escuro
Pero non queda luz
Para que poidas ver

Ti e mais eu
Somos o código
Non temos chave
Track Name: Anónimo
O home que ha de ser meu
Ten que ter a man lixeira
Ten que coller a rosiña
Sen abalar a roseira
O home que ha der ser meu
O home que ha de ser meu
Track Name: Dentro
Dentro es moi diferente
Moito máis silenciosa
Non tes por que ser tan cruel

Diferente de que?
Estar aquí como é?
É un cumprimento,
ou unha esaxeracion?

As palabras son o teu escudo
Non te tapan
Es tan doce